“Unha iniciativa arrogante pola defensa da web”
Nesta primeira e oxalá derradeira edición do día 403 (4 de marzo de 2008) negámoslle o acceso aos nosos sitios dende o navegador Internet Explorer.
A aplicación dos estándares no desenvolvemento web permite que os sitios funcionen e sean amosados de xeito correcto en case todos os navegadores. Por desgraza, Internet Explorer, o navegador que domina o mercado, presenta graves deficiencias na implementación dos estándares. En consecuencia, os desenvolvedores teñen que facer traballo de máis para que os que o usan desfruten dunha boa experiencia. E iso custa cartos. E cabelos, moitos cabelos.
Pola saúde de milleiros de traballadores: non rompas a web, usa outro navegador.